Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada V-7069; XG-443, A Coruña-Lugo-Viveiro, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse a solicitude da empresa contratista, o expediente de modificación do seguinte contrato:

Contrato: V-7069; XG-443, A Coruña-Lugo-Viveiro, con anexos.

Contratista: Arriva Noroeste, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, contados a partir do dia seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña