Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2014/106).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Inver Mob Coruña, S.L.

Domicilio social: rúa Boqueixón, 13, 6 C, 2, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 250 kVA.

Situación: rúa Ícaro, 2 C, Perillo-Oleiros.

Características técnicas: centro de secionamento de interior con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 630 A, 20 kA e CT de interior con transformador de 250 kVA, relación 15-20/0,42 kV, seco. Aparellos de manobra e protección, así como equipamento de medida, en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación (artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

A Coruña, 17 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña