Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/112-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/112-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación MTS Ronda de Outeiro, 142-144.

Situación: concello da Coruña

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a CS Ronda de Outeiro nº 142-144, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 351 m, con orixe en cela de liña existente no CT San Luis, 3 (expediente 425/07), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS-711, tramo entre o CT San Luis 3 (expediente 425/07) e o CT Ramón Cabanillas (expediente 520/08), despois de realizar entrada e saída no CS Ronda de Outeiro nº 142-144, que instalará o cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña