Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Beatriz Alfonso Fernández.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 368/2014 (procedemento abreviado), interposto por Beatriz Alfonso Fernández fronte á resolución presunta, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de reposición formulado contra a Resolución do 24 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 31 de xaneiro), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede a dar publicidade á orde de prelación e á puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias (técnico/a superior en Dietética e Nutrición).

A recorrente non está conforme coa puntuación outorgada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos