Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Montserrat Atrio Domínguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 286/2014 (procedemento abreviado), interposto por Montserrat Atrio Domínguez fronte á Resolución do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias (Diario Oficial de Galicia núm. 218, do 14 de novembro). (Categoría: fisioterapeuta).

A recorrente non está conforme coa puntuación outorgada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos