Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva de reactivos para a identificación de células de hematoloxía e o arrendamento sen opción de compra do sistema para a realización de hemogramas (expediente MS-ASF1-14-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: MS-ASF1-14-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos para a identificación de células de hematoloxía e o arrendamento sen opción de compra do sistema para a realización de hemogramas.

c) Lotes (de ser o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0 e 38434570-2.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2014/S 089-155083, do 8 de maio de 2014.

– BOE nº 115, do 12 de maio de 2014.

– DOG nº 94, do 19 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 509.581,58 euros.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe neto: 283.100,88 euros.

– Importe total: 315.000,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2014.

c) Contratista: Siemens Healthcare Diagnostics, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 234.037,68 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 259.632,00 euros.

Ferrol, 1 de outubro de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol