Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de material e arrendamento sen opción a compra dos equipamentos para antibiograma automatizado e identificación microbiana por espectrometría de masas (expediente MS-ASF1-14-009).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 45 14 y 981 33 67 62.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-14-009.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de material e arrendamento sen opción a compra dos equipamentos para antibiograma automatizado e identificación microbiana por espectrometría de masas.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 36 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0 e 38434540-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Calidade técnica: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Aportacións gratuítas en produto: ata 6 puntos.

– Prazo de entrega: ata 4 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 739.200,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 462.000,00 €.

b) IVE: 70.620,00 €.

c) Importe total: 532.620,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 1 de decembro de 2014.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 8 de outubro de 2014.

12. Outras informacións:

Ferrol, 8 de outubro de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol