Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 28 de outubro de 2014 Páx. 45745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de prevención de riscos laborais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servizos de prevención de riscos laborais, de acordo coas prevencións contidas no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

b) Nomenclatura CPV-2008: 85140000-2.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento.

Orzamento máximo de licitación: 8.356,40 euros que se desagregan da seguinte forma:

a) En materia da seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e psicosocioloxía aplicada: 4.404,40 euros (3.640 euros orzamento sen IVE máis 764,40 euros en concepto de IVE ao 21 %).

b) En materia de medicina no traballo (vixilancia da saúde): 3.952 euros (38 euros de custo do recoñecemento médico por cada unha das cincuenta e dúas persoas que se estiman incluídas no ámbito deste servizo); está exenta do IVE esta materia por aplicación do artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro.

a) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluido o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: na Secretaría do Concello e no perfil de contratante:

www.concellodearzua.com

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa, 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración.

Os indicados na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Domentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11, nº 3, do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. A data de apertura do sobres B (en acto público) anunciarase previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 500 euros.

Arzúa, 2 de outubro de 2014

José Luis García López
Alcalde