Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45408

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 13 de outubro de 2014 pola que se clasifica de interese asistencial a Fundación Afan.lar.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Afan.lar, con domicilio na rúa Dinán, números 21-23, en Lugo.

Feitos:

1. Rosa Gullón González, presidenta do padroado da Fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Afan.lar foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo o 30 de xuño de 2014, ante o notario Manuel Ignacio Castro-Gil Igrexas, co número de protocolo 1.607, por Rosa Gullón González, Felisa Trindade Gullón González e Francisco Gregorio Gullón González, que actúan no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto destinar un patrimonio, unha estrutura organizativa e uns medios humanos á realización, sen ánimo de lucro, de fins xerais de interese galego no ámbito sectorial da promoción, asistencia e inclusión social das persoas con capacidade xurídica que teñen unha discapacidade física, especialmente con problemas de mobilidade.

4. O padroado inicial da Fundación está formado por Rosa Gullón González como presidenta, Francisco Gregorio Gullón González como vicepresidente e Felisa Trindade Gullón González como secretaria.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese asistencial da Fundación Afan.lar, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de Secretarios Xerais, procede a súa clasificación como de interese asistencial e a súa adscrición á Consellería de Traballo e Benestar.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 6 de outubro de 2014,

DISPOÑO:

Clasificar de interese asistencial a Fundación Afan.lar e adscribila ao protectorado da Consellería de Traballo e Benestar.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente e con carácter potestativo poderase interpoñer recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza