Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento da infraestrutura de datawarehouse e do servizo de centro de atención ao usuario de formación para o emprego (expediente 46/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 46/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de mantemento da infraestrutura de datawarehouse e do servizo de centro de atención ao usuario de formación para o emprego.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 378.792,00 €, máis 79.546,32 € en concepto de IVE (21%), o que supón un total de 458.338,32 €, que se distribúe por lotes como segue:

Lote 1. Mantemento da infraestrutura de datawarehouse.

2014: 13.200,00 € + IVE (2.772,00 €) = 15.972,00 €.

2015: 39.600,00 € + IVE (8.316,00 €) = 47.916,00 €.

2016: 26.400,00 € + IVE (5.544,00 €) = 31.944,00 €.

Total: 79.200,00 € + IVE (16.632,00 €) = 95.832,00 €.

Lote 2. Servizo de centro de atención ao usuario e soporte de nivel 1.

2014: 4.832,13 € + IVE (1.014,75 €) = 5.846,88 €.

2015: 149.796,00 € + IVE (31.457,16 €) = 181.253,16 €.

2016: 144.963,87 € + IVE (30.442,41 €) = 175.406,28 €.

Total: 299.592,00 € + IVE (62.914,32 €) = 362.506,32 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21398

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 1.12.2014, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 20 de outubro de 2014.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia