Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de desenvolvemento de sistemas de información no ámbito da medida 511 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 140/2014).

missing image filemissing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 140/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de sistemas de información no ámbito da medida 511 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

b) División por lotes e número: si, seis.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses a contar a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.348.760,33 €, máis 283.239,67 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.632.000,00 €, que se distribuirán nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1. Sistema de información de indicadores do PDR.

173.553,72 € + IVE (36.446,28 €) = 210.000,00 €.

Lote 2. Sistema de apoio no control de axudas en campo (inspeccións Feader).

231.404,96 € + IVE (48.595,04 €) = 280.000,00 €.

Lote 3. Sistema de información para a xestión contable do organismo pagador (Fogga).

280.991,73 € + IVE (59.008,27 €) = 340.000,00 €.

Lote 4. Sistema de xestión de axudas para medidas Feader de montes e incendios.

231.404,96 € + IVE (48.595,04 €) = 280.000,00 €.

Lote 5. Sistema de información de sanidade e vitalidade forestal (Savifor).

165.289,25 € + IVE (34.710,75 €) = 200.000,00 €.

Lote 6. Portal do PDR de Galicia 2014_2020.

266.115,7 € + IVE (55.884,3 €) = 322.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21410

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 1.12.2014, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 21 de outubro de 2014.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia