Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de outubro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/130/2014-RP1.

O subdirector por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de agosto de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/130/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na execución de catro construcións para o seu uso como vivenda, situadas no lugar de Rañoa, parroquia de Mazoi, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María do Carmen Guedes Vieira, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística