Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación de resolución do expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de tres meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, 8, 1ª andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer no prazo de 5 días hábiles (de luns a venres, das 9.00 as 14.00 horas) para coñecemento do contido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

– Nº de expediente: 2011/35-5.

– Interesada: Ana Labandeira Hernández.

– Domicilio: rúa Antonio Nieto Figueroa, Leri, nº 7, portal 3, ático B, Vigo.

– Asunto: notificación de resolución administrativa do 20 de agosto de 2014.

Vigo, 6 de outubro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo