Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 30 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña,
pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social
RL 2014/152-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que esta fose posible, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

En cumprimento do artigo 61 da dita LRXAP e PAC, comunícaselles que neste mesmo prazo poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, Centro Comercial Elviña na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o contido íntegro do acto.

Expediente: RL 2014/152-1.

Acta inf.: I152014000034071.

Empresa: Novalux Microled System, S.L.

NIF: B49257959.

Enderezo: estrada Villaralbo a Villalazán, km 2, 19159 Villaralbo (Zamora).

Materia: traballo.

Normativa infrinxida:

– 1ª infracción: artigos 35.5 e 38 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores (ET); Convenio colectivo provincial de industrias siderometalúrxicas do 7 de abril de 2011. Infracción grave con agravante de reincidencia.

– 2ª infracción: artigos 11.2.d) e f) do ET. Infracción grave.

– 3ª infracción: artigos 4.2.f) e 29.1 do ET. Infracción moi grave.

Tipificación: artigos 7.5, 7.2 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 19 de xuño de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Novalux Microled System, S.L. tres sancións por importe de 2.500, 626 e 6.251 euros, respectivamente, o que totaliza unha sanción de nove mil trescentos setenta e sete euros (9.377 €).

A Coruña, 30 de setembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña