Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (IN407A 2013/118-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2013/118-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMT, CT e RBT Costa Vixide.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,042 km, con orixe no apoio nº 88 existente da LMT SIG-802, tramo entre a derivada ao CT Montaos (expediente 27570) e a derivada ao CT Guindibó (expediente IN407A 25/1995), en condutor
LA-56/54,6 e remate no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión aérea con orixe no CT Vixide (proxectado) cunha lonxitude de 1,454 km, en condutor RZ e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña