Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Santiago de Compostela e Ames (expediente IN407A 2014/119-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/119-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS saída subestación Santiago-Vilar de Calo.

Situación: Concellos de Santiago de Compostela e Ames.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a CS Squash, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.185 m, con orixe en cela de liña libre en subestación Santiago, condutor tipo RHZ1 (S) 12/20 kV 3×240 Al e RHZ1 12/20 kV 3×240 Al, e final na liña SNT-829 (liña Santiago II-Solláns) no tramo comprendido entre o CS rúa da Cruxa (expediente 91/2005) e o CS Squash Santiago (expediente 2009/315).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña