Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/123-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número expediente: IN407A 2014/123-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 1 ao proxecto LMTS e CT estrada de Castela (IN407A 2008/123-1).

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 1.279 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), con orixe en paso aerosubterráneo que se realizará en apoio proxectado que se intercalará na LMT CRN-704B, no tramo entre o CT Piñeiros (expediente 7.342) e o CT Revolta, que se retirará (expediente 29.864) e final no paso aerosubterráneo que se realizará en apoio proxectado que se intercalará na LMT CRN-704B, no tramo entre o CT Revolta a retirar e o CT Cerámica de Jubia (expediente 7.342) despois de realizar entrada e saída nos centros de trasformación proxectados nº 1, 2, 3 e 4.

– Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 264 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), con orixe en CT nº 2 proxectado e final en paso aerosubterráneo que se realizará en apoio proxectado que se intercalará na LMT CRN-704B no tramo entre o CT Revolta, que se retirará e o CT H. Pita. (expediente 7.342).

– Liña de media tensión subterrránea a 15/20 kV, de 133 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), con orixe en CT nº 4 e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio proxectado que se intercalará na LMT-704B no tramo entre o CT Revolta, que se retirará e a derivada aos CCTT Becerra (expediente 268/2000) e Fraga (expediente 167/1995).

– Centros de transformación prefabricados na estrada de Castela, nº 1, 2 e 4 de 630 kVA de potencia e de relación de transformación 15.000/400-230 V.

– Centro de transformación prefabricado na estrada de Castela, nº 3, de 400 kVA de potencia e de relación de transformación 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña