Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/125-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Nº expediente: IN407A 2014/125-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMTS e CT A Mariña.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión subterránea EPU-704A, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,032 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, tramo entre o CT Paseo Méndez Núñez (expediente 478/05) e o CT Mariña (expediente 26.871) que se retirará, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, tramo entre o CT Mariña (expediente 26.871) que se retirará e o CS Fama, logo de realizar entrada e saída no novo CT Mariña (proxectado).

Tramo liña de media tensión subterránea EPU-704A a CT Teatro Rosalía de Castro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe en cela de liña no novo CT Mariña proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS EPU-704A, tramo entre o CT Mariña (expediente 26.871) ao CT Teatro Rosalía de Castro (particular).

Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 1.630 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña