Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha modificación substancial de autorización ambiental integrada outorgada.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no Diario Oficial de Galicia á modificación substancial da autorización ambiental integrada que se relaciona a seguir, que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 23 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula declaración de impacto ambiental e se modifica (por modificación substancial) e refunde o texto da autorización ambiental integrada, dunha granxa de porcas reprodutoras que Exporgondo, S.L. posúe en Viós, concello de Abegondo (A Coruña). Número de rexistro AAI 2007/0039_NAA/IPPC_129.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental