Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada interposto por Diego Castro Balboa.

O 24 de setembro de 2014 a conselleira de Facenda ditou Resolución no que respecta ao recurso de alzada formulado por Diego Castro Balboa contra a Resolución do 31 de xullo de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm.122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos (Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 7 de agosto de 2014).

Intentada dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado, tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalle a Diego Castro Balboa a resolución antes referida.

O recorrente pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (Boletín Oficial del Estado núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública