Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente RA/M/2013/00250 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– NCG Novagalicia Banco.

– BBVA: transacción 1316, NIF S1511001H.

– Banesto.

– http://www.cixtec.es/conselleria

E, de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

anexo

Expediente

Número de recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Feito sancionado

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto

infrinxido

Sanción imposta

Resolución

do recurso

OU-00547-O-2011

RA/M/2013/00250

2137-FMC/R-3864-BBC

Garda Civil de Tráfico

Volquetes Duero, S.L.

Non levar anotada no documento impreso a identificación do condutor.

11.4.2011; 11.40; A-52; 0181,00

Art. 140.22 da LOTT

2.001 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

XC-01245-O-2006

RA/M/2009/01225

9527-CLJ

Garda Civil de Tráfico

Enrique Coo Castro

Levar instalado un tacógrafo que carecía de placa de montaxe e pola utilización de follas de rexistro que resulten incompatibles co aparello de control utilizado.

10.5.2006; 10.45; AC-550; 24,700

Art. 141.5 da LOTT

Art. 142.4 da LOTT

1.302 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

PO-00569-O-2007

RA/M/2009/00932

PO-1869-AY

Garda Civil de Tráfico

Novoatrans Contenedores, S.L.

A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da inspección de transporte ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

27.3.2007; 12.30; PO-10; 1

Art. 140.6 da LOTT

4.001 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

XC-01384-O-2005

RA/M/2009/00613

M-1658-OD

Garda Civil de Tráfico

Arias Logística y Transporte, S.L.

Non levar na cabina do vehículo as instrucións escritas correspondentes á mercadoría transportada.

3.11.2005; 11.23; N-VI; 582

Art. 140.25.7 da LOTT

801 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

XC-00085-I-2007

RA/T/2009/00487

C-5878-BY

Axente de inspección

Aislamientos del Norte Rodríguez y Santamaría

Non ser atendido o requirimento de documentación da inspección de transportes do Servizo Provincial de Transportes da Coruña.

Art. 140.7 da LOTT

4.001 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

LU-00606-O-2007

RA/T/2009/00347

8562-DJM

Garda Civil de Tráfico

Regueiro Trans, S.L.

Realizar unha condución ininterrompida superior ao 50 % do tempo máximo autorizado.

3.6.2007; 18.30; LU-546; 47

Art. 140.20 da LOTT

1.001 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

PO-01481-O-2006

RA/T/2009/00200

7490-CVJ

Garda Civil de Tráfico

Gam Noroeste, S.L.

Circular transportando unha máquina de servizos e obras que deixa un peso total de 5.170 kg, estando autorizado para unha masa máxima autorizada de 3.500 kg, un 46 % sobre a masa autorizada. Tara da máquina 2.000 kg.

17.4.2006; 18.45; VG-4.5; 0

Art. 140.19 da LOTT

Estimatoria, con revocación da sanción imposta

PO-01187-O-2007

RA/T/2008/00090

4596-DDJ/V-17301-R

Garda Civil de Tráfico

Transportes C. Nóvoa e Hijos, S.L.

Circular co vehículo matrícula 4596-DDJ, carecendo dos discos diagrama do tacógrafo de tempos de condución e descanso que ten a obrigación de levar a bordo no vehículo; circular presentando os precintos das placas de montaxe do tacógrafo e do limitador, falta de coincidencia nos logotipos do talleres, ao portar a placa de montaxe de limitador o precinto correspondente á placa de montaxe de tacógrafo e á inversa.

28.6.2007; 11.45; A-55; 29

Art. 140.24 da LOTT

Art. 142.25 da LOTT

1.302 €

Estimación parcial, con rebaixa da sanción imposta

PO-00026-O-2006

T-2007/0405

4272-CZV

Garda Civil de Tráfico

Automóviles Citroën España, S.A.

Falsificación de calquera documento obrigatorio ou dos datos contidos nel.

5.7.2005; 16.30; N-120; 661

Art. 140.14 da LOTT

Estimatoria, con revocación da sanción imposta