Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 27 de outubro de 2014 Páx. 45536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a solicitude de acreditación da representación nos recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2013/00325 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que a seguir se relacionan a solicitude de acreditación da representación nos recursos interpostos contra resolucións de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Como queira que nos escritos de interposición dos recursos non quedan suficientemente acreditadas as representacións dos recorrentes, é polo que se require, segundo o teor do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que acrediten a persoa que represente as ditas entidades por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, de conformidade co artigo 32 do mesmo corpo legal.

De acordo co exposto, poderán acreditar a representación mediante documento público, documento privado con sinatura notarial lexitimada ou mediante declaración en comparecencia persoal dos interesados.

Polo que se require para que, segundo o teor do disposto nos artigos 70, 76 e 110 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, acrediten a representación que din posuír, con expreso apercibimento de que, de non o faceren así, se procederá ao arquivamento dos ditos escritos sen máis trámite.

E para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infración cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

RA/M/2013/00325

PO-00047-O-2013

3497-GMF

Garda Civil 3601 Q92637T

Yutabo Internacional Trading, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos coa MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

25.10.2012; 16.15; AP-9; 137,500

RA/M/2014/00032

XC-02962-O-2012

3624-GPN

Garda Civil 1500 C-35644-I

Imperio Europeo Import Export, S.L.

O exceso de peso sobre a MMA superior ao 25 % en vehículos ata 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 35 %.

4.10.2012; 09.45; AG-64; 0039,500

RA/M/2014/00090

LU-00997-O-2012

4986-FFF

Garda Civil 2701 X17237T

Señalizaciones Alicante, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

14.5.2012; 16.15; N-540; 13,500

RA/M/2014/00111

PO-00406-O-2012

7703-BZV / V-10514-R

Garda Civil 3603 V93728C

Transportes C. Nóvoa e Hijos, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

20.1.2012; 17.30; A-52; 281,3

RA/M/2014/00117

PO-00295-O-2013

0956-HCV / R-2397-BCG

Garda Civil 1525 W59971A

Logística y Transitarios Norte, S.A.

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obrigación de levar instalados no vehículo, co obxeto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

15.10.2012; 22.05; AP-9; 94,500

RA/M/2014/00148

LU-00414-O-2012

5464-BZD

Garda Civil 2701 E70372V

Transportes Duco, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

22.2.2012; 16.30; N-642; 48,00

RA/M/2014/00149

LU-00379-O-2012

3334-CDV

Garda Civil 2705 C27970W

Fraidatrans, S.L.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

23.2.2012; 23.30; LU-862; 89,500

RA/M/2014/00152

LU-00803-O-2012

3783-FFK

Garda Civil 2704 I64330I

Logística y Transitarios Norte, S.A.

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obrigación de levar no vehículo.

15.4.2012; 12.55; AG-64; 55,00

RA/M/2014/00154

PO-01712-O-2012

0613-CZJ

Garda Civil 3601 Q92637T

Travelling Stone, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías, en vehículo pesado, carecendo de autorización.

15.5.2012; 08.45; N-550; 126,000

RA/M/2014/00160

PO-01826-O-2012

2935-CSY

Garda Civil 3604 P03095B

Travelling Stone, S.L.

Realizar transporte público en vehículo pesado, carecendo de autorización por non realizar o seu visado regulamentario.

11.6.2012; 15.18; N-550; 129

RA/M/2014/00256

DX-00047-I-2012

7672-DJK

Axente de inspeción DX/014

Hijos de Delmiro López, S.L.

Realizar a actividade sen asumir a autonomía económica e de dirección na explotación ou sen os medios persoais e materiais da súa propia organización empresarial.

20.6.2012; 13.15

RA/M/2014/00324

XC-01762-O-2013

V-8739-FF / P-01563-R

Garda Civil 1503 N41519R

Transportes Arrive Is S-20, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

7.3.2013; 03.00; N-VI; 578,500