Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de outubro de 2014 pola que se notifica a orde de suspensión de obras derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/61/2013-S1, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus interesados ausentes na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG núm. 59, do 27 de marzo), ditou, o día 8 de agosto de 2014, resolución ordenando a inmediata suspensión das obras que se executan consistentes na construción dunha edificación na rúa Gándara, número 4, A Xesteira, parroquia de San Pedro, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra, a retirada dos materiais preparados para ser utilizados na obra ou actividade suspendida e a maquinaria afecta a ela, no prazo de 24 horas seguintes á notificación desta resolución.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros de José Alonso Figueroa, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística