O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 27 de marzo), acordou, o 28 de xullo de 2014, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na rehabilitación e ampliación dunha edificación tradicional no barrio Chan de Gándara, Padróns, no termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Francisco José Llevot Sánchez e Rosa María Rodrígues Caldas, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística