Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (IN407A 2014/105-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Núm. expte.: IN407A 2014/105-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación I LMTS Liña Cero Porta Caranza-CR Palomas.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,990 km, coa orixe en cela de liña existente no CR Porta Caranza (expte.: 29.336), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al, e final en empalmes proxectados na LMTS. SMR-713, no tramo entre o CT Sindicatos Cantón (expte.: 30.326) e o CS Escola de Idiomas.

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,997 km, con orixe en cela de liña existente no CR Porta Caranza (expte.: 29.336), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240) Al, e final en cela de liña existente no CS Escola de Idiomas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña