Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Número de expediente: IN407A 2014/118-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CT rúa do Bronce, parcela D-10, polígono de Bértoa.
Situación: concello de Carballo.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterranea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,160 km, con orixe en pasos aerosubterráneos proxectados que se van realizar en apoio existente s/n da LMT BRT-712, tramo entre a derivada aos CCTT polígono 5 (expediente 51745) e Coregal Titanio (expediente 335/10), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al), e final no CT parcela D-10, polígono de Bértoa (proxectado).
Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.
A Coruña, 1 de outubro de 2014
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña