Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 24 de outubro de 2014 Páx. 45368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Folgoso do Courel (expediente IN407A 2014/47-2, 8183 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Retegal, S.A.

Domicilio social: avenida Fernando de Casas Novoa, nº 35 B, 3º C e D.

Denominación: instalación eléctrica para edificación destinada a servizos de telecomunicacións.

Situación: concello de Folgoso do Courel.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe no apoio de celosía existente correspondente á LMTA SEQ-805-Caurel 5 e final no centro de transformación de intemperie proxectado, cunha lonxitude de 40 metros en condutor tipo LA-56.

– CT intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– LBTS, con orixe no CTI, pasa pola caixa de protección e medida e remata nun paso soterrado a aéreo, cunha lonxitude de 23 metros en condutor tipo XZ1-4×95AI.

– LBTA, con orixe no paso soterrado a aéreo e final nun paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 600 metros en condutor RZ-95.

– LBTS, con orixe no paso aéreo a soterrado e final na instalación de telecomunicacións para alimentar, cunha lonxitude de 1.024 metros en condutor tipo WZ1-95AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo