Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45291

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de xestión do servizo público de atención educativa á primeira infancia das escolas infantís de Coristanco e O Pino.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/001/14/XSP-CONC-EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público de atención educativa á primeira infancia das escolas infantís de Coristanco e O Pino.

Importe de adxudicación: 766.339,20 €, IVE exento.

Adxudicataria: Aurora, Pilar y Ana, S.L.

Data de formalización do contrato: 31.8.2014.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica e económica axustadas.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar