Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45290

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de prevención alleo.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/RRHH/001/14/SE.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: servizo de prevención alleo no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 111.450 €.

Adxudicataria: Mugatra Sociedad de Prevención, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 5.9.2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica que mellor recolle, comprende e planifica os servizos de prevención.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar