Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45292

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e outros servizos de prevención de situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal nos centros de día de Cospeito, Begonte e Lourenzá e na vivenda comunitaria de Alfoz.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/003/14/XSP-CONC-AD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: xestión do servizo público asistencial de atención diúrna e outros servizos de prevención de situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal nos centros de día de Cospeito, Begonte e Lourenzá e na vivenda comunitaria de Alfoz.

Importe de adxudicación: 1.410.469,16 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

Data de formalización do contrato: 14.9.2014.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: proposta que mellor recolle, comprende e planifica os servizos de prevención de dependencia e promoción da autonomía persoal de cara aos usuarios dos centros de día de Cospeito, Begonte, Lourenzá e da vivenda comunitaria de Alfoz.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar