Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 92/2013 e 120/2013).

missing image file

Contratación do servizo para o desenvolvemento da plataforma galega de información ambiental, Gaia (expediente 92/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento dunha plataforma galega de información ambiental, denominada Gaia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 30 de setembro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de setembro de 2013.

Boletín Oficial del Estado: 7 de outubro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 578.512,40 €.

5. Orzamento base de licitación: 289.256,20 €, máis 60.743,80 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 350.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 10.4.2014.

c) Contratista: Teimas Desenvolvemento, S.L.

d) Importe de adxudicación: 280.962,00 € (IVE do 21 % incluído).

Contratación do servizo de desenvolvemento dunha aplicación para a xestión dos procedementos relacionados cos servizos de escola infantil (expediente 120/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e implantación dun sistema de información que lle dea soporte aos procedementos relacionados cos servizos de escolas infantís, en particular á tramitación do procedemento de admisión e ao programa de Cheque infantil.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 11 de outubro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de outubro de 2013.

Boletín Oficial del Estado: 24 de outubro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Valor estimado do contrato: 330.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 220.000,00 €, máis 46.200,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 266.200,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 23.4.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 212.960,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Diretora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia