Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras denominado demolición dun edificio para 74 vivendas no lugar da Pedreira, termo municipal de Padrón.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Servizo de Administración e Xestión.

c) Nº de expediente: 107B 2003/47-0.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20364

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: demolición de edificio para 74 vivendas no lugar da Pedreira, termo municipal de Padrón.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 79, do 25 de abril de 2014.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 270.814,61 €. Importe total: 327.685,68 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2014.

b) Data de formalización: 24 de setembro de 2014.

c) Adxudicataria: Construcciones Iglesias Mera, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto 153.606,05 €. Importe total: 185.863,32 €.

e) Prazo de execución: catro (4) meses.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística