Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 23 de outubro de 2014 Páx. 45260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación, cofinanciados nun 80 % polo Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 141/2013 e 74/2013).

missing image file

Contratación da subministración de equipamento de comunicacións para a mellora da malla troncal da rede corporativa da Xunta de Galicia (expediente 141/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de enrutamento de tráfico e dispositivos de prevención de intrusións para a mellora da malla troncal da rede corporativa da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 1 de outubro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de setembro de 2013.

Boletín Oficial del Estado: 15 de outubro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 495.868,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 495.868,00 €, máis 104.132,28 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 600.000,28 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 4.4.2014.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 534.000,25 € (IVE do 21 % incluído).

Contratación do servizo de mantemento e evolución dos sistemas de información do Rexistro Galego de Comercio, Directiva de Servizos de Industria e outros rexistros asociados aos ámbitos de competencia da Xunta de Galicia (expediente 74/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mantemento e soporte técnico dos sistemas de información DSI e RGC e en particular a súa evolución como sistema de xestión integral de rexistros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia: 21 de outubro de 2013.

Diario Oficial de la Unión Europea: 17 de outubro de 2013.

Boletín Oficial del Estado: 4 de novembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 764.280,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 254.760,00 €, máis 53.499,60 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 308.259,60 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 10.4.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 264.887,48 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia