Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 9 de outubro de 2014 polo que se lle notifica ao interesado a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se denega a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ao interesado que se indica no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícaselle ao interesado que se indica no anexo a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor o interesado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 9 de outubro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Pablo Carballo Díaz.

Acto notificado: denegación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.