Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 8 de outubro de 2014 polo que se lle notifica ao interesado o requirimento de documentación en relación coa súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública remitiu un escrito de requirimento de documentación relativo ao expediente de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia do interesado que se indica no anexo.

Unha vez tentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo coa indicación de «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle ao interesado que se indica no anexo o requirimento antes citado.

O interesado pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselle ao interesado que, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, se dará por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

A Estrada, 8 de outubro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Julián Torres Gómez.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.