Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de outubro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/109/2014, devolto polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en substitución da directora, acordou o día 7 de agosto de 2014, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a Enrique García Zapata, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar das Tomadas, na praia de Rabáns, O Hío, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística