Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das aliñacións da rúa Lagoas do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual das aliñacións da rúa Lagoas do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Mugardos, redactado polo arquitecto Alejandro García Virosta, con data de abril de 2014.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de dous (2) meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan formular as reclamacións e alegacións que consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

Así mesmo, o Concello Pleno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2014, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para a área determinada na dita modificación. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Mugardos, 1 de outubro de 2014

Xosé Fernández Barcia
Alcalde