Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da aprobación provisional do estudo de detalle para ordenar volumes edificables en dúas parcelas contiguas do cuarteirón M24 en Laxe.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno local deste concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 25 de setembro de 2014, o estudo de detalle para ordenar volumes edificables en dúas parcelas contiguas do cuarteirón M24, desta vila de Laxe e municipio, dentro do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Laxe, redactado polo arquitecto Maximino Manuel Aguiar Baña e promovido por Miguel Toja Lema, exponse este para efectos de información pública polo prazo de vinte días mediante a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia –edición de Bergantiños-Soneira-Fisterra–, en concordancia co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, contando o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Laxe, 1 de outubro de 2014

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde