Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de Contract Research Organization (CRO) especializado en investigación clínica para a asesoría, consultoría, xestión de datos, estatística e asistencia na xestión e a monitorización de ensaios clínicos e estudos observacionais dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-14-048).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-048.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de Contract Research Organization (CRO) especializado en investigación clínica para a asesoría, consultoría, xestión de datos, estatística e asistencia na xestión e a monitorización de ensaios clínicos e estudos observacionais dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.

c) División por lotes: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Adecuación o proxecto de investigación

0-35

Plan de execución

0-15

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Melloras sobre os mínimos exixidos o perfil de xefe de proxecto

0-10

4. Valor estimado do contrato: 142.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 142.000 euros. Importe total: 171.820 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións. cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos