Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45191

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación inicial de estudo de detalle (expediente 3147/426).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do día 18 de xullo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro: de conformidade cos informes técnicos que constan no expediente 3147/426, aprobar inicialmente o «estudo de detalle do edificio do número 10 da rúa Velázquez Moreno, promovido pola mercantil Promociones Urbanas Laxas, S.L., e redactado polos arquitectos Jesús Irisarri Castro e Guadalupe Piñera Manso.

Segundo: abrir un trámite de información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, mediante a publicación de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica do Concello de Vigo (www.vigo.org).

Terceiro: obter informe da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en canto que o edificio está incluído no catálogo do Plan especial de edificios para conservar.

Cuarto: notificarlles o contido íntegro deste acordo aos interesados, coa indicación de que non é susceptible de recurso ningún por tratarse dun mero acto de trámite».

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (situado na planta baixa do Edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se consideren convenientes.

Vigo, 23 de setembro de 2014

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo