Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación 114/2013 e 5/2014.

* Contratación do servizo para a dinamización do centro demostrador TIC de Galicia (expediente 114/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a dinamización do centro demostrador TIC de Galicia fomentando que o centro demostrador TIC de Galicia se converta nun lugar de encontro e de referencia para poñer en contacto as solucións tecnolóxicas das empresas TIC galegas con posibles empresas usuarias destas e facilitar a transferencia de tecnoloxía, capacitar e formar tecnoloxicamente as empresas, así como difundir as vantaxes da incorporación das TIC aos procesos produtivos das empresas, especialmente entre os sectores estratéxicos de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21 de outubro de 2013.

DOUE: 17 de outubro de 2013.

BOE: 5 de novembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 843.619,83 €.

5. Orzamento base de licitación: 281.206,61 €, máis 59.053,40 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 340.260,01 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de marzo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 28 de abril de 2014.

c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

d) Importe de adxudicación: 280.714,49 € (IVE do 21 % incluído).

* Contratación do servizo para a realización de enquisas, estudos e informes do observatorio da sociedade da información de Galicia (Osimga) (expediente 05/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a obtención de datos e a realización dos informes e diagnoses correspondentes incluídos nos distintos proxectos técnicos da sociedade da información do Plan galego de estatística e no seus programas estatísticos anuais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 10 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 197.714,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 89.870,00 €, máis 18.872,70 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 108.742,70 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 15 de maio de 2014.

c) Contratista: Instituto Sondaxe, S.L.

d) Importe de adxudicación: 89.540,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia