Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de outubro de 2014 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística IU1/103/2012-SA1.

O instrutor do expediente sancionador, o día 22 de setembro de 2014 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística IU1/103/2012-SA1, incoado polas obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar no lugar de Monte Insua, na parroquia de Barizo, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a José Manuel Barreiro Martínez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de 10 (dez) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística