Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización dos contratos correspondentes aos expedientes de contratación 139/2013 e 134/2013, cofinanciados nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Contratación do servizo de desenvolvemento dunha aplicación para a xestión do proceso de admisión a centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato (expediente 139/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento dunha aplicación para a xestión do proceso de admisión a centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 23 de outubro de 10.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 140.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 140.000,00 € máis 29.400,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 169.400,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 1.4.2014.

c) Contratista: Coremain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 142.296,00 € (IVE ao 21 % incluído).

Contratación da subministración de servidores para a consolidación de servizos nos centros de proceso de datos da Xunta de Galicia (expediente 134/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de servidores para a consolidación de servizos nos centros de proceso de datos da Xunta de Galicia, de xeito que o progresivo proceso de traslado de infraestruturas ao Centro de Proceso de Datos Integral se aliñe tamén cunha progresiva dotación de infraestruturas de servidores que permitan a ulterior centralización de servizos sobre plataformas transversais actualizadas e máis eficientes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 10 de outubro de 2013.

DOUE: 26 de outubro de 2013.

BOE: 11 de outubro de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 371.900,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 371.900,00 € máis 78.099,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 449.999,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10.3.2014.

b) Data de formalización do contrato: 4.4.2014.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe de adxudicación: 448.992,87 € (IVE ao 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia