Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/40-2, 8176 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS e CT, rúa Calvo Sotelo, 153.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

• LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña SAR807 o CT proxectado entre o CT Ponte Vella (27C841) e o CT Río Sol (27CL74), cunha lonxitude de 170 metros, en condutor RHZ1-240.

• CT proxectado, en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia de 250 kVA e una relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo