Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente IN407A 2014/22-2, 8158 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: anexo nº 1 a modificado nº 1 a proxecto de LMT saída subestación O Corgo-Castroverde.

Situación: concello de Castroverde.

Características técnicas:

LMTS subestación O Corgo-Castroverde, tramo III, con orixe nun paso aéreo a soterrado no apoio proxectado nº 51 tipo C-16/7000 da LMTA subestación O Corgo-Castroverde (expediente 008/2009) e final nun paso aéreo a soterrado no apoio proxectado nº 0 tipo HVH-15/1600 da LMTA CRG-805. Tramo de LMT derivada a CT Barreiros, cunha lonxitude de 889 metros en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240) mm2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo