Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reclamación IN635A 2013/215-2.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 7 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN635A 2013/215-2.

Interesada: DL Bakery Coffee, S.L.U.

Último domicilio coñecido: rúa Salvador de Madariaga, 1, Lugo.

Acto notificado: resolución.