Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 22 de outubro de 2014 Páx. 45156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o acordo de modificación da proposta de resolución dos expedientes ANP-CO-0048/2014 e ANP-OU-0003/2014-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo do respectivo procedemento.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra o acordo dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer as alegacións que xulguen convenientes, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo de quince días conforme o disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0048/2014.

Interesado: Juan González Quiñoy.

Acto de notificación: acordo de modificación da proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Doutor Maceira, 8-3º D, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

Expediente: ANP-OU-0003/2014.

Interesado: Julio Echevarría Moreno.

Acto de notificación: acordo de modificación da proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Marcelo Macías, 3, 2º B, 32005 Ourense.