Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44948

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (723/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 723/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Luaña Louzao contra Grafinova, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 348 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Procedemento: resolución contractual 723/2013 acumulada despedimento 213/2014.

Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2014

Vistos por min, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, estes autos sobre resolución contractual 723/2013 acumulada despedimento 213/2014, seguidos por instancia de Pedro Luaña Louzao, asistido da letrada Sra. Castelo Sesar, contra a entidade Grafinova, S.A. que, debidamente citada, non compareceu, e contra o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte.

Resolvo que, estimando en parte as demandas interpostas por instancia de Pedro Luaña Louzao, asistido da letrada Sra. Castelo Sesar, contra a entidade Grafinova, S.A. que, debidamente citada, non compareceu, e contra o Fogasa:

– Non procede a nova declaración de resolución de contrato de traballo entre as partes mencionadas por ter sido resolto o contrato de traballo o 12 de marzo de 2014 por sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– Declaro que o despedimento do demandante con efectos do 5 de setembro de 2013 é improcedente.

– Non procede a condena ao aboamento da indemnización por despedimento improcedente por estar condenada a empresa ao seu pagamento na sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 12 de marzo de 2014.

– Condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 5.185,23 euros en concepto dos salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial