Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2014/145).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: CMATI. Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Domicilio social: Doutor Maceira, 18, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: CS, CM, LMTS e CT con 2 trafos de 800 kVA cada un para abastecemento en Ames e Brión.

Situación: Polígono 504, Puimariño, Ames.

Características técnicas: CS en caseta prefabricada compartida co CM, con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A, 16 kA. CM en caseta prefabricada de formigón con protección xeral e medida. Aparellaxe de manobra e protección, así como equipamento de medida, en cabinas metálicas prefabricadas. LMTS soterrada de 1.560 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×95 Al. CT en caseta prefabricada de formigón, con 2 transformadores de 800 kVA, relación 15-20/0,42 kV, en baño de aceite. Aparellaxe de manobra e protección en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 8 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña