Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Capela (IN407A 2014/099-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/099-1.

Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.

Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: LMTA-S, CST e LBT-S de Formariz.

Situación: concello da Capela.

Características técnicas:

Tramo de liña subterránea de media tensión de interconexión entre a liña de media tensión aérea Barreiro-Goente (expediente 51.179) no apoio existente tipo HV-1.600/13 e o CS e T Formariz, dobre circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL-12/20 kV - 3(1×150 Al), de 2×25 metros de lonxitude.

Centro de seccionamento e transformación Formariz. Edificio prefabricado de formigón, incluíndo dúas celas de liña e unha de protección mediante fusibles para un trafo de 100 kVA, todas con illamento SF6.

Retirada do tranformador existente de 50 kVA no apoio tipo HV-1.600/13 (expediente 51.440) no que se instalarán os pasos aerosubterráneo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña